banner fem

baner plan

  • carballodeporte
  • deporte-galego
  • san-remo-deportes
  • telepizza
  • clinicacarballo
  • gestagua
  • deputacion a coruña
  • ProLiga RGB

Ekedi xa realizou o seu 1º entrenamento nas Eiroas

el .

05092018 presentacion ekedi (2) (1) [1024x768]

O Bergantiños presentou ao xogador camerunés, última incorporación do equipo carballés para esta tempada

O Bergantiños presentou nas Eiroas á súa última incorporación para esta tempada, Steve Thibaut Ekedi. O futbolista camerunés, de 27 anos, chega para ofrecerlle a Miguel Figueira máis alternativas nas posicións de ataque. O adestrador terá ás súas ordes a un xogador interesante en todas as facetas: poderoso no xogo aéreo, excelente rematador, goleador fiable e solidario cando toca defender.

“Teño moita confianza en que Ekedi explote como xogador nesta nova etapa súa no Bergantiños”, dixo o presidente Chano Calvo na rolda de prensa de presentación. “Estamos moi esperanzados en que Ekedi aporte ao equipo todo o seu enorme potencial e que queden en anécdota as dificultades que houbo para fichalo”, declarou en referencia ás complicacións coa documentación do xogador, que non se puido formalizar ata hai dous días.

“Estou moi contento porque levaba moito tempo esperando este momento da miña volta ao Bergantiños, onde moita xente me viu crecer como futbolista”, afirmou Ekedi. “O único que desexo agora é axudar, nada máis. Axudar e traballar, e a ver que podemos lograr. Conto co apoio de todos, porque necesito a todos, tamén ao adestrador”.

Ekedi -que cumprirá a súa terceira etapa no club, no que xa estivo nas tempadas 2012-2013 e 2014-2015- chega ás Eiroas tralo seu paso polo JS Kabylie, da primeira división do fútbol alxerino, a pasada campaña. Militou tamén no Elche Ilicitano de Preferente, Racing Ferrol, Somozas e Barco, entre outros.

Rematada a rolda de prensa, o dianteiro completou o seu primeiro adestramento cos seus novos compañeiros.


Visit the new site http://lbetting.co.uk/ for a ladbrokes review.