banner fem

baner plan

  • carballodeporte
  • deporte-galego
  • san-remo-deportes
  • telepizza
  • clinicacarballo
  • gestagua
  • deputacion a coruña
  • ProLiga RGB

O Bergan fai pleno nas 3 primeiras xornadas

el .

Bergan   Arenteiro 8 Sept 18 [1024x768]

O primeiro equipo puxo a guinda a unha xornada brillante do club.

Bergantiños: Cristopher; Borja, Aarón, Marcos Rodríguez (Marcos Caridad, m. 66), Baleato; Granada, Diego, Jorge Sáez (Losada, m. 87); Cano, Cañi (Toni, m. 72) e Rivera.

Arenteiro: Rui Santos; Ross, Adrián Padrón, Portela, Maxi; Cassio, Hugo Sanmartín (Noguerol, m. 69), Iago Fernández (Adil, m. 47); Albertito, Carlos (Rober, m. 63) e Igor.

Goles: 1-0: Jorge Sáez (25').

                1-1: Carlos (45').

                2-1: Diego (78').

                3-1: Rivera (84').

Árbitro: Martínez Barral, asistido por Botana Rey e Rey Molano. Amoestou a Diego e Marcos Rodríguez; e a Ross e a Adil.

Campo: As Eiroas, 400 espectadores. Partido da terceira xornada de liga no grupo I de Terceira División.

O Bergantiños mantivo a súa condición de invicto esta tempada e segue no coliderando da táboa, só superado polo Compostela, que suma un gol máis a favor. Foi un rival incómodo o Arenteiro, que compareceu nas Eiroas disposto a non saltarse nin unha coma do guión: perfectamente ordenado e coas sutilezas xustas co balón, fiándoo todo aos pelotazos para ganarlle as costas á defensa vermella. A súa proposta resultou inofensiva porque Marcos e Baleto non concederon un só espazo, moitas veces axudados por Granada, ubicuo no centro do campo cando atacaba o Bergan e atrasado ata a liña de centrais cando tocaba tapar.

Nun arranque trabado, propuxo máis o Bergantiños, sobre todo pola banda de dereita, por onde sempre apareceu Borja. Precisamente o primeiro aviso chegou por ese carril, ao cuarto de hora, e nun centro do capitán que cabeceou Rivera, fácil para Rui Santos. Insistiron os de Filgueira polas alas e, no minuto 25, Jorge Sáez si atinou a cabecear outro servizo exacto: impecable, abaixo ao pao, imposible para o porteiro do Arenteiro.

Eran os mellores minutos do Bergantiños. Puido tumbar a un Arenteiro, que acusou o gol, pero as chegadas locais, sempre pola banda, foron menos precisas.

No único erro defensivo do Bergan na primeira metade puido marcar o Arenteiro, pero Igor, só con Cristopher, mandouna fóra por moi pouco. Aí resucitaron os do Carballiño, que igualaron nunha boa xogada pola dereita: Igor case fai diana de cabeza nun centro de compás que rexeitou Cristopher ao pao, pero o balón caeu manso para que Carlos remata sen oposición na liña de gol.

A segunda metade resultou máis espesa, cun Arenteiro que comezou a crer nas súas posibilidades.

Apareceu entón Cano para desatascar un partido que chegou ao último cuarto de hora con pinta de empate, xusto despois dun gol anulado a Borja tras cabecear un córner, pero o árbitro apreciou unha máis que discutible falta ao porteiro. Tivo fe o Bergantiños e luces Cano. Primeiro sentou ao seu defensor e, desde a esquerda, puxo un centro á area peque

na, onde apareceu Diego para bater a Rui Santos. Logo filtrou un gran pase a Rivera, quen se desfixo do meta verde no man a man e liquidou o partido.

Visit the new site http://lbetting.co.uk/ for a ladbrokes review.