banner fem

baner plan

  • carballodeporte
  • deporte-galego
  • san-remo-deportes
  • telepizza
  • clinicacarballo
  • gestagua
  • deputacion a coruña
  • ProLiga RGB

Vendeu cara a derrota o Cadete B diante do Depor

el .

eiroasbancada 640x480

1ª derrota do Cadete B nun gran partido por ambos equipos nas Eiroas.

Comezaba o partido cun guión previsto, sendo o depor mais dominador do balón, pero foi un erro na saida de balón dos locais quen lle permitiría adiantarse no marcador tras un roubo avanzado no que definiron ante Miguel.

A pesar deste golpe, non decaerian os locais e comezarían a chegar as ocasións, en especial dous corners moi pechados de Brais que o porteiro tivo que sacar, non sen problemas, debaixo dos paus.

Así chegaríase ao descanso, e o partido cambiaría a partir dese período. O equipo local foi buscar mais arriba ao Dépor, e mesmo chegou a empatar por medio de Adri, pero o seu gol foi anulado por fóra de xogo.

Avisaría tamén Reigia xusto despois dun derribo a Javi P dentro da área que o arbitro non entendeu como pena máxima. E ante tanto acercamento local, no 65 chegou o momento crucial da tarde. Javi P gañaba liña de fondo e poñía un centro que rexeitaba na man do defensor deportivista. O trío arbitral entende que non é voluntaria e non da a pena máxima, e o Depor na transición marca un golazo para poñer terra por medio no marcador.

Ainda así, os locais seguirían con outro arreón onde a Adri volveselle a indicar un xustiño fora de xogo, Roi prántase ante o porteiro deportivista pero é derrubado no último momento provocando un saque de esquina. Saque de esquina que aproveitou Estramil para acurtar distancias e permitir o acoso local ata o final, ainda que o marcador non se movería. A pesar da primeira derrota da tempada, os locais deron moi boa imaxe, que tentarán seguir refrendando a semana que ven na súa visita ao Ural "B"..

Visit the new site http://lbetting.co.uk/ for a ladbrokes review.