banner fem

baner plan

  • carballodeporte
  • deporte-galego
  • san-remo-deportes
  • telepizza
  • clinicacarballo
  • gestagua
  • deputacion a coruña
  • ProLiga RGB

Nova victoria do Bergan que o consolida no liderato

el .

Bergan Ribadumia 21 Oct 18 [1024x768]

Traballada victoria do equipo que foi de menos a mais diante dun rival de entidade.

Bergantiños: Cristopher; Borja Facal, Aarón, Marcos Rodríguez, Diego; Granada, Toni, Cano, Cañi (Álex Diéguez, m. 80), Jorge Sáez (Ekedi, m. 83); e Rubén Rivera.

Ribadumia: Roberto Pazos; Santi, Rodri (Monchiño, m. 84), Manu Bugallo, Javi Domingo; Óscar, Gabi, Teti (Alberto Rey, m. 81), Fran Matos, Manu Santos (Aarón Paredes, m. 74); e Hugo.

Gol: 1-0 (m. 70): Cano bate a Roberto Pazos cun remate desde a esquerda dentro da área.

Árbitro: Elena Casal, asistida por Cristian Vázquez e Abel González. Amoestou a Granada; e a Santi, Gabi e Aarón Paredes.

Campo: As Eiroas, uns 300 espectadores. Partido da novena xornada de liga no grupo I de Terceira División.

O Bergantiños continúa imparable, líder invicto tras dez xornadas, logo de derrotar a un Ribadumia que, como na final da Copa RFEF, mostrouse como un equipo moi incómodo para os de Carballo, con xogadores interesantes en todas as liñas. Sen chegar ás prestacións que ofreceron en San Lázaro, onde levaron ao límite aos de Figueira, os pontevedreses confirmaron nas Eiroas que saben despregarse polo campo e que non lles incomoda nunca o balón, pero hoxe atopáronse cun Bergan sobrado de oficio, que sempre creu no que facía e que, ademais, tivo a Cano e a Cristopher como protagonistas nas dúas áreas.

A lesión de Baleato no quentamento (finalmente entrou por el Toni no once inicial) no presaxiaba nada bo para os locais, apenas mellores nunha primeira que resultou moi competida. O Bergantiños parecía levar o peso do xogo, pero sen perigo e apenas ocasións: entre os tres paus non rematou ninguén antes do descanso.

Entrou mellor ao encontro o Bergan no segundo tempo, enchufado desde o asubío, xerando oportunidades, como a de Rivera no 58 que marchou alta por pouco. Pero os visitantes non baixaban os brazos e avisaban ao contragolpe. Primeiro Gabi, pouco atinado para finalizar (60’); logo Fran Matos, que se atopou coa soberbia estirada de Christopher (67), salvador nun par de ocasións máis, xa co Bergantiños en vantaxe. Deulla Cano, moi participativo toda a tarde, cando entrou no área pola esquerda e conectou un remate que nunca foi opción para Roberto Pazos.

De aí ao final o Bergantinos soubo sufrir e aínda tivo oportunidades para ampliar a renda, pero Rivera e Ekedi non viron portería.

A xornada foi redonda para os carballeses, que viron como o Arousa perdía en casa e o Ourense e o Compostela empataban. Só o sorprendente Barco sigue o ritmo dos de Figueira: máis líderes logo do mellor arranque de campionato da sua historia: coa de hoxe, 8 vitorias e un empate en dous meses de competición.

Visit the new site http://lbetting.co.uk/ for a ladbrokes review.