banner fem

baner plan

  • carballodeporte
  • deporte-galego
  • san-remo-deportes
  • telepizza
  • clinicacarballo
  • gestagua
  • deputacion a coruña
  • ProLiga RGB

Ekedi rescata a un gran Bergan no tempo engadido

el .

Bergan Somozas 1 Nov 18 [1024x768]

O equipo volve a senda da victoria nun partido atascado que permite manter o liderato.

Bergantiños: Cristopher; Borja Facal, Aarón, Marcos Rodríguez, Marcos Caridad; Baleato (Granada. m. 71), Diego (Álex Diéguez, m. 73), Cano, Cañi (Ekedi, m. 83), Jorge Sáez; e Rivera.

Somozas: Manu Cedrón; David, Álex Pérez, Quindimil, Sergio (Uzal, m. 28); Ernesto, Gonzalo, Juan Martínez, Marcos Fernández, Gerardo (Dani, m. 88); e Álex (Quique Cubas, m. 71).

Goles: 0-1: Gerardo, de penalti (4’).

            1-1: Cano (17’).

            2-1: Ekedi (93’).

Árbitro: David Pereira, asistido por Alberto Blanco e Jorge Carballido. Amoestou a Borja Facal, Marcos Rodríguez e Aarón; e a Ernesto, Gonzalo, Uzal, Gerardo, Quique Cubas e Álex Pérez.

Campo: As Eiroas, 300 espectadores. Partido da undécima xornada de liga do grupo I de Terceira División.

No último suspiro, Ekedi rescatou a un Bergantiños que non mereceu pasar tantos apuros, moi superior ao Somozas de principio a fin. Tivo que ser na estratexia, nun remate agónico que acabou cazando o dianteiro camerunés, impecable nos minutos que estivo no campo, cando o encontro parecía imposible de desatascar e tiña toda a pinta de empate.

Non foi un rival cómodo o Somozas e o seu adestrador non poderá reprocharlle nada aos seus xogadores, pero o Bergantiños completou un excelente partido. Demostrou, ademais, carácter e soubo sobrepoñerse ao madrugador gol en contra: un penalti de Borja a Gerardo que o centrocampista converteu con clase. Foi o único remate a porta do Somozas.

Os de Figueira seguiron ao seu, sen concesións atrás (desde onde Aarón e Borja chegaban sen descanso), mandando no centro do campo e ofrecendo sempre solucións arriba, onde Cano ocupou todo o fronte de ataque, o mesmo acompañando a Ribera, que situándose por detrás do nove, que aparecendo polas bandas, onde tamén se relevaban Cañi e Jorge Sáez. Conforme medraba o Bergan sucedíanse as ocasións, ata que Rivera controlou un balón de costas á portería e deixoulla perfecta na frontal a Cano, que rematou raso pegado ao pao: imposible para Manu Cedrón.

Co empate o Bergan seguiu ao seu, chegando con perigo pero sen acerto, en boas ocasión que protagonizaron Jorge Sáez , Cañi, outra vez Cañi e Rivera.

Tras o descanso non cambiou o panorama. Seguiu mandando o Bergan, pero sen tanta claridade, nunha segunda metade máis trabada, con moitas interrupcións e un rosario de amoestacións; case todas na conta do Somozas, que mantivo sempre o tipo e non regalou nada.

Enteiros os visitantes, facendo o seu partido, a solución para os locais parecía o balón parado. E aí pintaba moito a envergadura de Ekedi. Aínda que o desenlace tivo máis que ver coa colación do dianteiro, no sitio xunto no segundo pao para darlle ao Bergantiños un triunfo polo que tivo moito que suar, sen deixar nada no campo.

Visit the new site http://lbetting.co.uk/ for a ladbrokes review.