banner fem

baner plan

  • carballodeporte
  • deporte-galego
  • san-remo-deportes
  • telepizza
  • clinicacarballo
  • gestagua
  • deputacion a coruña
  • ProLiga RGB

Bendito sufrimento do Bergan para sumar os 3 pauntos

el .

Bergan Ourense CF Novbrer 18 [1024x768]

Despois de 13 xornadas o equipo de Miguel vai con media de 90 puntos a final tempada.

A clase de Jorge Sáez, no penúltimo alento, resolveu para o Bergantiños un partido sufridísimo fronte a un estupendo Ourense CF que nunca estivo por debaixo e que non se lle atragoou aos locais por moi pouco. A posta en escena dos de Fran Justo foi meritoria: nin se limitaron a defender -e fixérono sin unha soa concesión, nin sequera no gol-, nin renunciaron ao balón -polo piso, ás máis das veces- nin facilitaron a saída do Bergan, que buscou sempre os balóns ao espazo, para as carreiras de Rubén e de Cano, ou os centros laterais.

Nunha primeira metade pobre en ocasións, o Bergantiños si que andou sobrado de oficio e de carácter, con Diego -o mellor mentres estivo no campo- mandando na medular, un muro para os centrocampistas do Ourense, obrigados a volver a empezar se o 8 vermello encimaba. Sen perigo para os porteiros, e durante media hora na que as disputas resolvéronse sempre para os de fóra, o maior encordio para a zaga carballesa foi a posición, alternativamente incrustados entre os centrais., de Bruno Pascua e de Edu Otero, quen firmou o único remate con intención antes do descanso.

Ao empurrón do Ourense tan pronto comezou a segunda metade respondeu Cano desde a banda, onde pareceu máis a gusto. Viuno claro Figueira, que mandou o dianteiro ao carril esquerdo e situou a Jorge Sáez por detrás de Rivera. Pero pouco tardou o xogo en atascarse.

O partido entrou no último cuarto de hora con pinta de empate, ata que Sergio de Paz apareceu moi cómodo pola banda para encarar a Christopher, solventísimo nun rexeite que lle caeu Bruno Pascua, pero remate do ourensán marchou pegado ao pao por moi pouco.

Sacou entón casta o Bergantiños, que se sacudiu o susto enganchado ao talento de Jorge Sáez. No 81, o media punta filtrou un soberbio pase para Rubén, pouco atinado no control cando só tiña diante a Diego García. Pero o mellor estaba por chegar. Outra vez na estratexia, o balón caeulle no pico do área pequena a Saez, quen amansou o balón, sentou ao seu defensor cun recorte fabuloso e resolveu con calidade.

Bergantiños: Christopher; Borja Facal, Aarón, Marcos Caridad, Marcos Rodríguez; Diego (Álex Diéguez, m. 78), Toni, Cañi (Ekedi, m. 72), Jorge Sáez; Cano (Baleato, m. 72) e Rubén Rivera.

Ourense CF: Diego García; Sergio de Paz, Germán Novoa (Murilo, m. 87), Pablo Pérez, Pedro García; Juanma, Martín Fuentes, Pancho (Martín Lamelas, m. 84), Rober; Edu Otero (Rely Cabral, m. 66) e Bruno Pascua.

Árbitro: Javier Pérez, asistido por Álvaro Valín e Eduardo Feijóo. Amoestou a Borja e a Aarón; e a Pablo Pérez e Sergio de Paz.

Gol: 1-0: Jorge Sáez (m. 82).

Campo: As Eiroas; 300 espectadores. Partido da décimo terceira xornada de liga no grupo I de Terceira División.

Visit the new site http://lbetting.co.uk/ for a ladbrokes review.