banner fem

baner plan

  • carballodeporte
  • deporte-galego
  • san-remo-deportes
  • telepizza
  • clinicacarballo
  • gestagua
  • deputacion a coruña
  • ProLiga RGB

Mal partido dun Bergan que salva un punto de cabeza

el .

Bergan Polvorin Dcbre 18 [1024x768]

Primeira parte horrible na que saleu toda a proposta mal con mellora a volta de vestuarios .

Bergantiños: Christopher; Borja, Aarón, Marcos Caridad (Marcos Rodríguez, m. 46), Roberto Baleato; Toni (Álex Diéguez, m. 72), Jorge Sáez, Cano, Cañi (Granada, m. 59); Rubén Rivera e Ekedi.

Lugo B: Cacharrón; Asier, Pablo Rey, Pedro, Matías; Luis, Manu (Juan, m. 69), Rayco, Marcos (Cuadrado, m. 72), Álex Rey; e Antón (Morais, m. 86).

Goles: 0-1: Antón (m. 7).

            0-2: Manu (m. 51).

            1-2: Rubén Rivera (m. 73).

            2-2: Baleato (m. 74).

Árbitro: Gabriel Quintairos, asistido por Cristian Vázquez e Manuel Ángel Rodríguez. Amoestou a Jorge Sáez, Aarón e Borja; e a Pedro, Manu e Pablo Rey.

Campo: As Eiroas, 250 espectadores. Partido da décimo quinta xornada de liga no grupo I de Terceira División.

En un partido que tivo perdido, e que puido acabar gañando, o Bergantiños rescatou, de cabeza, un punto que na clasificación só suma iso, pero que seguramente vale máis para o equipo de Miguel Figueira, visto como foi a tarde. Os carballeses atopáronse cun rival que demostrou que nesta Terceira ninguén regala nada. Por que os lugueses están no pelotón de cola resulta difícil de explicar, vendo como se desenvolveron onte nas Eiroas, onde compareceu un filial que mostrou maneiras de veterano: os xogadores polo chan ao menor roce, subliñado as caídas sempre cun berro, por se o árbitro non se daba por aludido, pero case sempre se decataba para o bando visitante (e non tanto nun empurrón a Cañi que pareceu penalti). En calquera caso o xuíz non influíu no resultado, pero si no xogo, atrancado moitos minutos.

Artimañas aparte, o Lugo B chegou a Carballo con xogadores con moi boa pinta (Antón e Manu, por exemplo), apuntou cousas interesantes e soubo desenvolverse en vantaxe, que acadou axiña, cando o Bergan aínda buscaba o sitio no campo. Apostou Figueira no ataque por una parella inédita ata onte: Ekedi e Rubén, mentres que Jorge Sáez atrasábase para acompañar a Toni na medular. Aínda que Rivera se sumou ao centro do campo en defensa, o Lugo B mandou case sempre nesa parcela, mentres que o Bergantiños buscaba a chegada polas bandas e as aparicións de Steve e de Rivera. O camerunés estivo moi participativo antes do descanso, caendo aos costados para recibir e impoñendo o seu físico nas disputas.

Aínda sen claridade, e tendo que remar desde moi cedo, o balón estivo máis veces na área do Lugo, onde Ekedi, en dúas ocasións, Rivera e Cañi apareceron para citarse co empate pero sen ameazas serias para Cacharrón.

Tras o paso polos vestiarios, non tardou nada en poñérselle o partido aínda máis costa arriba ao Bergan. O protagonista foi Manu, un dos destacados, quen firmou unha preciosa manobra na frontal para cazar coa zurda (a súa perna menos boa) un disparo sutilísimo que entrou a cámara lenta abaixo e pegado ao pago.

Coa distancia de dous goles o Lugo B atascou máis o partido: nada de xogo, moitas interrupcións e o Bergantiños coas ideas xustiñas. Ata o minuto 70, cando peor pintaba a cousa. Entón apareceu, unha vez máis, o carácter dos xogadores carballeses, que nunca baixaron os brazos. Tivo que ser pola banda, a arreóns e de cabeza. Primeiro Rivera meteu a testa a centro de Ekedi. Sen tempo para celebralo, apareceu Baleato para, tamén de cabeza, resolver unha lanzamento de falta que se embarullou.

En dez minutos eléctricos o Lugo B estivo groggy, e a piques estivo de caer noqueado, pero nin Rubén nin Cano axustaron o seus remates e o partido rematou en táboas que fan xustiza.

Visit the new site http://lbetting.co.uk/ for a ladbrokes review.