banner fem

baner plan

  • carballodeporte
  • deporte-galego
  • san-remo-deportes
  • telepizza
  • clinicacarballo
  • gestagua
  • deputacion a coruña
  • ProLiga RGB

O marcador non reflexa a superioridade do Bergan

el .

Bergan Celtiga Dcbre 18

Vitoria mínima dun Bergantiños que lle perdoou a goleada a un Céltiga inofensivo.

 

Bergantiños: Cristopher; Borja Facal, Aarón, Marcos Rodríguez, Marcos Caridad; Diego, Toni, Baleato; Jorge Sáez (Álex Diéguez, m. 87), Cano e Ekedi (Cañi, m. 67).

Céltiga: Marcos Bermúdez; Santi, Cantero, Emilio, Arán (Nathan, m. 74), Diego Lamas; Jimi, Pablo Pillado, Nico, Juanín; e Javier Ben (Álex Fernández, m. 58).

Gol: 1-0: Baleato (m. 56).

Árbitro: Saúl López, asistido por Gonzalo Gómez e Cristian Penas. Amoestou a Ekedi e a Emilio. Expulsou, por protestas, a Miguel Figueira.

Campo: As Eiroas, 300 espectadores. Partido da 17ª de liga no grupo I de Terceira División.

A falta dun só partido para rematar o ano, o Bergantiños mantén a distancia de catro puntos como líder logo de despachar a un Céltiga inofensivo ao que lle perdoou a goleada. Chegaron os da Illa ás Eiroas con todas as precaucións: un pelotón atrás -con tres centrais e dous laterais de moi curto percorrido- e pouca fe nas súas posibilidades na área do rival. Tamén se forrou o Bergan na medular, con Toni, Diego e Baleato, o que non lle restou presencia ofensiva; de feito, as chegadas de Baleato e -menos- de Diego puxeron en apuros aos visitantes.

A iniciativa sempre foi do Bergantiños, que -balón parado e aparicións dos volantes aparte- insistiu en buscar a Ekedi polas bandas. Puido ter premio xa antes do cuarto de hora, cando o dianteiro adiantou a punteira a centro de Cano, pero o balón marchou fóra por unha cuarta. E máis cerca do gol estivo a seguinte ocasión dos carballeses, un cabezazo de Cano que sacou un defensa con Marcos Bermúdez batido. Así toda a primeira metade: o Céltiga esperaba e o Bergantiños armaba os centros desde os costados con pouca puntería, perdoando sempre. Como lle perdoou o árbitro ao Céltiga unha caída de Diego con toda a pinta de penalti.

O guión non cambiou na segunda metade. O Bergantiños insistía na proposta, cómodo porque, malia o empate, o Céltiga apenas miraba a Cristopher. Cantou bingo axiña, cando Baleato matou co peito un rexeite e acomodou o balón para cazar unha fermosa semivolea.

Non se deu por aludido o Céltiga ata o minuto 74, cando alixeirou a liña de centrais e recrutou a un centrocampista máis. O novo debuxo non tivo efectos no xogo, aínda que, polo si ou polo non, Figueira mandou a Diego a facerlle compañía a Caridad e a Marcos Rodríguez. Menos precavido atrás o Céltiga, o Bergan puido matar o partido en varias ocasións; a mellor, unha cabalgada de Cano, que o dianteiro preferiu acabar el cando tiña un compañeiro completamente só.

A escaseza da vantaxe levou os nervios os de casa nos minutos finais, pero o Céltiga, curto de recursos, pouco fixo por aproveitarse.

Visit the new site http://lbetting.co.uk/ for a ladbrokes review.