banner fem

baner plan

  • carballodeporte
  • deporte-galego
  • san-remo-deportes
  • telepizza
  • clinicacarballo
  • gestagua
  • deputacion a coruña
  • ProLiga RGB

O Bergan acaba o ano 2018 liderando a taboa

el .

Bergan   Boiro Dcbre 18 [1024x768]

Ao Bergantiños escapáronselle dous puntos fronte a outro dos do furgón de cola,

Un Boiro pelexador que non deu facilidades, nunca se encolleu e, cando todo apuntaba a unha remontada xa familiar este curso nas Eiroas, mostrou enteireza e calleiro para marchar de Carballo co empate. Pero antes tivo que facer bo un penalti precedido dun barullo que dará que falar todas as festas. Non tanto pola caída na área do dianteiro boirense como pola acción precedente: Diego non estivo expeditivo co bote alto do balón, que -nun fóra de xogo de moviola, VAR e bar- acabou en man a man con Cristopher, máis franco imposible; o meta tapou perfecto, axilísimo, pero o rexeite favoreceulle a un visitante, polo chan antes de rematar. Logo todo afeou o final: rifas entre os xogadores, Cris e Borja expulsados, as afeccións de unllas cos árbitros para unha táboas que seguramente fagan xustiza.

Ata entón o partido transcorreu como de cote nas últimas xornadas no Municipal carballés: poucas discusións no centro do campo e sen sobresaltos nas áreas; o único, un despiste na zaga bergantiñá que aproveitou Changui para rematar desde a frontal cerca do pau, sen forza dabondo para sorprender a Cristopher, moi atento.

Tomou nota Figueira, que -cun ollo nos cartóns- introduciu dous cambios e reordenou o debuxo no intermedio: cambiou a Rivera por Ekedi, deulle carrete a Jorge Sáez na media punta, mandou á banda a Cañi -Marcos Rodríguez quedou na caseta, amoestado- e atrasou a Diego á liña de centrais. Pero o Boiro seguiu ao seu, tivo máis peso no primeiro cuarto de hora da segunda metade e fixo diana na primeira oportunidade clara do partido, un dous para dous de contra que Elier resolveu en carreira cun bonito zurdazo cruzado abaixo.

Pero se algo ten demostrado esta temporada o Bergantiños é carácter. En desvantaxe, ergueuse, mirouse, viu que non era nada e levou toda a pelexa á area de o Boiro, con Rivera de protagonista. Ao dianteiro sobroulle portería para anotar un penalti a Aarón -un dos que sempre dá gusto velo xogar- e tamén estivo resolutivo para aproveitar un centro de Cañi.

O cuarto de hora que restaba non parecía de trámite, pero o desenlace non estaba no guión. Escribírono a emoción, os nervios e, probablemente, os árbitros.

Bergantiños: Cristopher; Borja Facal, Aarón, Marcos Caridad, Marcos Rodríguez (Cañi, m. 46); Diego, Toni (Granada, m. 66), Baleato; Jorge Sáez, Cano e Ekedi (Rivera, m. 46).

Boiro: Rodri; Paco, Pablo, Ander, Borja; Manu, Elier, Lezcano (Juan, m. 79), Carlos Romero (Xacobe, m. 72), Óscar, e Changui.

Goles: 0-1: Elier (m. 55).

            1-1: Rivera, de penalti (m. 72).

            2-1: Rivera (m. 79).

            2-2: Paco (m. 87).

Árbitro: José Luis González, asistido por José Alberto Lorenzo e Víctor Manuel Capón. Amoestou a Marcos Rodríguez, a Cano e a Rivera; e a Paco. Expulsou a Borja Facal e a Cristopher.

Campo: As Eiroas, 300 espectadores. Partido da 18a xornada de liga no grupo I de Terceira División.

Visit the new site http://lbetting.co.uk/ for a ladbrokes review.