banner fem

baner plan

  • carballodeporte
  • deporte-galego
  • san-remo-deportes
  • telepizza
  • clinicacarballo
  • gestagua
  • deputacion a coruña
  • ProLiga RGB

El debut de Borja Facal no fue el esperado

el .

Bergan Silva Novbre 19

O Silva saca petróleo das Eiroas fronte a un Bergan que segue atrancado en en postos de descenso

Bergantiños: Santi Canedo; Bilal (Cano, m. 68), Aarón, Iago López, Antonio, Marcos Rodríguez (Granada, m. 73); Toni, Agulló, Remeseiro; Rivera e Duque (Álex Diéguez, m. 81).

Silva: Adrián Ríos; Brais Lema, Jacobo, Pardeiro, Fiuza, Jacobo; Souto, Marcos Gómez, Fabio (David González, m. 89) ; Souto (Joao Paulo, m. 89) e David Rojo (Jonatan, m. 76).

Gol: 0-1: David Rojo (m. 36).

Árbitro: Alejandro Castro, asistido por Pablo Rama e Marco García. Amoestou a Marcos Rodríguez, Duque, Granada e Cano; e a Sergio, Marcos Gómez e David González.

Campo: As Eiroas, 300 espectadores. Partido da 13ª xornada de liga no grupo I de Terceira División.

O Bergantiños segue atrancado, pelexado co gol, cada vez máis afastado das prazas ás que aspiraba cando comezou o torneo, aínda no pozo. Da visita ás Eiroas sacou petróleo o Silva, un equipo que o ten clarísimo: sutilezas, as xustas e todos os xogadores moi aplicados en seguir, coma por coma, o guión, cuxas frases pasan por conceder o mínimo atrás e aproveitar o que caia na outra área; preferentemente, se cae por arriba.

Os seareiros esperaban hoxe que á festa do sorteo de Copa (na que os carballeses terán como rivais ao Sevilla) se apuntase unha racha nova co novo adestrador, pero a tarde colleu un atallo torto. Borja Facal introduciu cambios no once: forrou o equipo atrás con tres centrais, deixou os dous carrís só para Aarón e Bili e apostou por un ataque compartido por Duque e Rivera, con Agulló e Toni na trincheira e Remeseiro para o enganche. No bando contrario Bardanca opuxo idéntico debuxo, coa diferencia de que os visitantes demostraron onte ter máis práctica e mellor caligrafía.

O Silva propuxo pelexa aérea e gañouna sempre, e por alto chegaron case todas as ocasións de perigo dos coruñeses, mentres o Bergantiños dubidaba atrás e non conectaba adiante, tomando moitas precaucións, mesmo nos laterais que apenas cruzaban a divisoria. Se a única vez que os locais ameazaron foi nunha falta ben interpretada por Remeseiro, o Silva atopou premio no enésimo balón colgado, ante o que dubidaron os puños de Santi Canedo e menos a testa de David Rojo, máis rápido conectar coa pelota e peiteala á rede.

A segunda metade non foi un calco pero case. Os balóns aéreos (mesmo un gol olímpico anulado non se soubo moi ben por que) e as faltas desde ben lonxe sementaron dúbidas na defensa e no porteiro locais; puideron acabar en gol, pero acabaron sempre no recuncho. O Bergantiños recuperouse nos últimos vinte minutos, pero sen claridade arriba, non sendo un pase sensacional de Remeseiro a carreira de Duque, que o dianteiro rematou moi alto. Nese último treito o Bergan, que acabou atacando con Álex Diéguez, Cano e Rivera, tivo o empate nunha pelota ao área seguida por un barullo no que apareceron primeiro Agulló e logo, salvador, Adrián Ríos.

Visit the new site http://lbetting.co.uk/ for a ladbrokes review.