8b3dc3f0

baner plan

  • carballodeporte
  • deporte-galego
  • san-remo-deportes
  • telepizza
  • clinicacarballo
  • gestagua
  • deputacion a coruña
  • ProLiga RGB

2ª vitoria consecutiva do Bergan como local

el .

mini Bergan Barco Febre 20

O Bergantiños confirma a súa melloría cunha traballada e merecida vitoria na visita do Barco

Bergantiños: Santi; Vela, Aarón, Iago López, Agulló; Diego, Remeseiro, Borja Cabanillas (Toni, m. 83); Cano, Yelco (Antonio, m. 90) e Duque (Rivera, m. 67).

Barco: Oviedo; Segura, Oli, Javi, Omar; Moreira, Caique (Santi, m. 77); Ivi Vales,Villar (David Álvarez, m. 64), Íñigo Pisón; e Juanito Vazo.

Goles:

            0-1 (m. 1): Villar remata, de calcaño, un centro de Pisón.

            1-1 (m. 10): Remeseiro, de penalti por derribo a Borja Cabanillas.

            2-1 (m. 81): Rivera, á saída dun córner.

Árbitros: Elena Casal, asistida por Cristian Vázquez e Manuel Ángel Rodríguez. Amoestou a Diego e a Caique.

Campo: As Eiroas, 300 espectadores.

Saíndo desde o banco, Rivera resolveu un duro partido que confirma a melloría do Bergantiños, superior ao seu rival tras o descanso dun partido máis igualado na primeira metade. Os locais insistiron na súa nova versión, na que nin Santi ten permiso para o pelotazo. O triunfo ten mérito engadido, pois os carballeses deberon remontar o madrugador gol de Villar, que rematou de calcaño un servizo de Pisón desde a banda, aos 30 segundos, cando media bandaca aínda non sentara.

Soubo encaixar o Bergan, que se levantou axiña, convencido da súa aposta. Fronte a un Barco que non veu a Carballo a defenderse, quixo mandar, co balón, desde o principio, insistindo polo costado esquerdo, onde aparecían Cano e Aarón, ou confiando en que Borja conectase coas carreiras de Duque. Aínda que foi Cano quen filtrou a Cabanillas o pase que rematou en penalti por claro derribo ao 10.

Pouco máis se viu ata o intermedio, co Barco respondendo ao Bergantiños sempre coas carreiras de Villar, aínda que as escasas aparicións polas dúas áreas non puxeron en apuros nin a Santi nin a Oviedo.

Nos segundos corenta e cinco minutos só o Bergantiños fixo méritos para gañar. Tivo que esperar ata case o último asubío, pero o balón puido ir a rede en media ducia longa de ocasións protagonizadas por Cano -unha, clarísima, que marchou sorprendentemente fóra, nun remate sen oposición a dous metros da portería-, Duque -quen mandou un balón ao pao- Borja e Yelco.

Fixo diana, e xustiza, Rivera, moi atento ao córner na súa primeira aparición. E puido repetir cando chegaba o tempo engadido e viu adiantado ao meta visitante, pero o seu tiro en parábola marchou alto por moi pouco.

Visit the new site http://lbetting.co.uk/ for a ladbrokes review.